jueves, septiembre 19, 2024
InicioNewsComarcasA Carreira de Empresas e Interruning súmase á conmemoración do Ano Palacios...

A Carreira de Empresas e Interruning súmase á conmemoración do Ano Palacios do Porriño

O vindeiro 6 de outubro, ás 9:30 h, arrancará unha das andainas máis concorridas de Galicia e no seu percorrido centos de camiñantes descubrirán as obras do arquitecto na súa vila natal

A vila do Louro celebra este ano o 150 aniversario do nacemento do seu ilustre veciño, Antonio Palacios, e a organización da II Carreira de Empresas e XIII Interrunning non o queren pasar o alto.


O vindeiro 6 de outubro, ás 9:30 h, arrancará unha das andainas máis concorridas de Galicia e no seu percorrido centos de camiñantes descubrirán as obras do arquitecto na súa vila natal, como a Casa Consistorial que este ano cumpre os 100 anos, a Fonte do Cristo, o Templete da Rede de San Luis e a Botica Nova.


A organización plantexou un circuíto de 6 km e dificultade baixa para que todas as persoas poidan disfrutar plenamente do evento e do legado que Antonio Palacios deixou na súa vila.


Ao igual que as probas de 5k e 10k, a Andaina chega cargada de solidariedade e o que se recaude coa inscrición entregarase á asociación de axuda aos nenos oncolóxicos do Hospital Álvaro Cunqueiro, Bicos de Papel, a AECC do Porriño e o programa municipal de alimentos SOS Porriño.


As inscripcións están abertas ata o 2 de outubro na páxina https://eventos.emesports.es/inscripcion/ii-carrera-de-empresas-galicia-
2024-xiii-interrunning/

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS