Os mércores polas mañás a oficina municipal itinerante estará nunha das 7 parroquias do Concello para facilitar o acceso aos servizos municipais
O vindeiro 5 de xuño comezará o servicio directo e itinerante do Concello para as parroquias do Porriño a través dunha autocaravana, que estará cada mércores de 9:00 a 13:00 horas nunha das parroquias para acercar os servicios aos cidadáns e proporcionar unha atención directa. “Trátase dun servicio pioneiro en España co que reafirmamos o noso compromiso coa cercanía e a atención directa á nosa veciñanza”, explica o alcalde, Alejandro Lorenzo.
O Concello comezará a percorrer as sete parroquias a través dunha oficina intinerante nunha autocaravana para “proporcionar unha cobertura completa ás diversas necesidades e demandas dos veciños e veciñas do Porriño, incluindo temas relacionados con servicios sociais, atención cidadá, urbanismo, limpeza, obras públicas e saneamento”, prosigue o rexidor. Este servicio único permitirá á veciñanza rexistrar entradas e saídas de documentos, realizar consultas e recibir asesoramento directamente nas súas parroquias, sen a necesidade de desprazarse á casa consistorial, no casco urbano. “Con esta iniciativa tratamos de facilitar, sobre todos ás persoas maiores, o acceso aos servicios municipais sen necesidade de desprazamentos”, salienta Alejandro Lorenzo.
O propio alcalde estará dispoñible para citas na autocaravana, xunto con funcionarios habilitados, como un xesto máis por mellorar a comunicación e a transparencia, e ofrecer un enfoque personal e accesible á xestión municipal.
En xuño a autocaravana estará no Centro Cultural de Mosende o vindeiro día 5, no Centro Cultural de Cans o día 12, no Centro Cultural de Atios o 19, e no Centro Cultural A Forna de Budiño o 26. En xullo, dará servicio no Centro Cultural San Salvador de Torneiros o día 3, no Centro Cultural de Pontellas o 10, e no Centro Cultural de Chenlo o día 17. O Concello avisará das seguintes datas de visita ás parroquias con antelación suficiente.
Ademais, para as persoas que non poidan desprazarse do seu domicilio -e así o acrediten- poderá pedirse cita previa para atención domiciliaria.
Coa posta en marcha deste servizo, “O Porriño establécese como un punto de encontro pioneiro na prestación de servicios municipais, demostrando un enfoque innovador e centrado na cidadanía. Este proxecto busca mellorar a eficiencia nos servicios municipais ao mesmo tempo que fortalecer a conexión entre o Concello e a veciñanza”, conclúe Lorenzo.