As delegacións provinciais da Oficina do Censo Electoral comezaron a enviar a documentación electoral ás persoas que xa solicitaron o voto por correo.
Ata este xoves, 30 de maio, aínda se pode solicitar o voto por correo de maneira telemática desde a web www.correos.es ou de xeito presencial en calquera oficina de Correos.
O depósito do voto poderase realizar en calquera oficina de Correos ata o 6 de xuño, segundo a ampliación acordada pola Xunta Electoral Central.
Dende Correos aseguran que están poñendo tódolos recursos necesarios para garantir o cumprimento dos compromisos que lle son encomendados nos procesos electorais para a xestión do voto por correo.
Últimas horas para solicitar o voto por correo
Coñece o funcionamento do voto por correo nas Eleccións ao Parlamento Europeo do 9 de xuño