domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasCarballiñoO Carballiño estuda dispor dun Punto de Actualización de Documentación

O Carballiño estuda dispor dun Punto de Actualización de Documentación

Celebrouse unha reunión de traballo no Concello do Carballiño na que participaron, entre outros, o alcalde Francisco Fumega, o concelleiro de seguridade Alberto Otero e o Comisario da Policía Nacional de Ourense, Castor Vázquez.

Na xuntanza analizaron diversos aspectos de interese para a vila e afondaron sobre a necesidade de obter un Punto de Actualización de Documentación (PAD) para o Carballiño, facilitando a actualización tanto do Documento Nacional de Identidade (DNI) como de certificados dixitais dunha forma máis áxil cómoda e accesible para a veciñanza, tanto da vila como do resto da comarca.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS