viernes, octubre 18, 2024
InicioComarcasCarballiñoO alumnado da Escola de Teatro do Carballiño amosa as súas dotes

O alumnado da Escola de Teatro do Carballiño amosa as súas dotes

Será nunha gala de fin de curso que se celebrará este sábado, 1 de xuño, ás 19.00 horas no auditorio Manuel María

Representaranse tres montaxes teatrais, correspondentes a cada un dos grupos. O grupo infantil foi o encargado xunto coa profesora de escoller a obra na que se mostrará a través do xogo en todo momento, un mundo no que os seres inanimados poden cobrar vida. O grupo de iniciación levará a cabo unha obra na que a través de improvisación e creación de personaxes, pon en escena a resolución dun crime. Finalmente, o grupo de perfeccionamento crea un personaxe a través do xogo escénico, preséntannos un mundo do absurdo, cunha viaxe polo subconsciente dun dos personaxes máis famosos, Alicia. O texto é de Paula Carballeira.

Esta gala terá como fin ofrecer unha mostra do traballo realizado polos 25 alumnos e alumnas na Escola Municipal de Teatro durante o curso 2023-2024, comprometida coa formación de novos talentos e co fomento da cultura municipal. Esta escola conta cun programa educativo dirixido a rapazada a partir dos 6 anos, brindándolle a oportunidade de aprender e gozar do teatro. A escola conta cun equipo de profesionais cualificados que imparten clases de interpretación.

A todo o alumnado faráselle entrega do diploma correspondente ao remate da función.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS