O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou entre as principais novidades o incremento do número de cámaras nos montes que permitirá “que o 85% do territorio galego en risco de incendio” contará con videovixilancia. En concreto, tal e como indicou Rueda, “vanse instalar outras 24 cámaras en 12 novas localizacións, e dicir, a rede de videovixilancia fixa vai contar con 177 cámaras en 88 puntos”.
Salienta que o operativo antiincendios estará integrado por máis de 7.000 persoas, “unha trintena de medios aéreos e 380 motobombas” e destaca a entrada en funcionamento, este ano, da base de medios aéreos de Verín-Oímbra.