viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoMáis de 2 millóns de euros para 29 proxectos deportivos en 24...

Máis de 2 millóns de euros para 29 proxectos deportivos en 24 concellos

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, salienta que o sur da provincia concentra o 40% do investimento do Plan de Infraestruturas Deportivas, “será un salto de calidade para os equipamentos da zona”

O presidente provincial presentou a alcaldes e concelleiros dos 24 concellos das comarcas de Vigo, Baixo Miño, O Condado e a Paradanta os proxectos que financia a Deputación a través deste Plan e do +Provincia, que superan os 2,1 millóns de euros de investimento.

O acto, ao que asistiron alcaldes e concelleiros de todos os concellos destas catro comarcas, tivo lugar no campo de fútbol de Aral, en Baiona. Un recinto que será obxecto dunha profunda remodelación, que será financiada ao 100 % con recursos da Deputación de Pontevedra, que achega 81.200 euros a través de dito plan; e 246.590 euros procedentes dunha subvención concedida ao Concello de Baiona ao abeiro da Liña 1 de Investimentos do +Provincia. Unha obra que suporá un investimento de 330.000 euros e que é “froito da colaboración leal o Concello a Deputación”, subliñou Luis López.

Os concellos da área de Vigo, que son Baiona, Fornelos, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas e Soutomaior suman unha achega de 850.000 euros; os do Baixo Miño, que son A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui recibirán 350.000 euros; á comarca do Condado destínanse 310.000 euros a repartir entre Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño e, finalmente, na Paradanta, a Arbo, A Cañiza, Covelo e Crecente correspóndenlle 140.000 euros

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS