O titular do Goberno galego destacou que o tecido empresarial da comunidade practica un galeguismo de feitos, compromisos e realidade que axuda a construír a Galicia do presente e do futuro e que está a vivir unha gran transformación na que xorden novas oportunidades e na que Galicia non pode quedar ao marxe.
Premio á excelencia
Rueda resaltou o compromiso social, a capacidade de adaptación e o traballo constante da directiva de Limpezas Salgado que é a compañía galardoada nesta edición pola súa excelencia