jueves, noviembre 21, 2024
InicioComarcasO RibeiroChega unha nova edición de RapDavia, o sábado 15 de xuño

Chega unha nova edición de RapDavia, o sábado 15 de xuño

Unha actividade de carácter interxeracional pensada para que toda a comunidade do Ribeiro colabore, conxuntamente, no coidado da súa contorna e os barrios.

Rapdavia é un gran obradoiro que busca nexos de unión e o público que asista terá a posibilidade non só de escoitar música urbana en directo de ACHE, O Pirata, El Macius ou Kalibass senón tamén, de presenciar a creación de graffitis en tempo real.
Ademais haberá actividades artísticas e medioambientais para a infancia e a xuventude así coma unha batalla de galos. Para todas estas actividades a capacidade é limitada e xa están abertas as inscricións no correo electrónico omix.ribadavia@gmail.com

Na estación de autobuses, de 10.30 a 11.30 horas, uniranse rap e graffiti como dúas das expresións máis populares da arte urbana na actualidade, con artistas ourensáns e locais nunha xornada para todos os públicos e ademáis humanizarase e recuperarase o parque anexo á estación de autobuses de Ribadavia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS