“Estou moi tranquilo e moi satisfeito porque o goberno de Portugal confirmounos que mantén esta intención”, destacou Rueda.
Rueda manifestou a súa alegría por manter este encontro, que para el é unha demostración do gran momento de diálogo que mantén Galicia e Portugal. Un diálogo cunha importancia moi grande, por todo o que une aos dous pobos, e recordou todos os beneficios que ten para os dous territorios a conexión de Galicia coa rexión norte de Portugal, precisamente “despois de conseguir esta mesma semana o tren de alta velocidade que conecta as principais cidades galegas desde Madrid”, salientou.
Ademais, aproveitou para pedirlle ao Goberno español que cumpra os seus compromisos coa destinación dos fondos europeos para poder compatibilizar os avances a ambos lados da fronteira: “O que toca agora é dicir que todos os trámites deben acelerarse. Cada mes que pase é imprescindible”, sinalou.