jueves, noviembre 21, 2024
InicioPenínsula e mundoEuropaGalicia pide o voto para Europa

Galicia pide o voto para Europa

Os principais partidos políticos galegos iniciaron esta media noite a campaña electoral de cara aos vindeiros comicios do 9 de xuño

O Partido Popular de Galicia dá inicio á campaña das eleccións ao Parlamento Europeo erixíndose como “a mellor resposta a todo o que afecta a Galicia en Europa” a apelando ao moito que a Comunidade se xoga nestes comicios. Na tradicional pegada de carteis celebrada a pasada noite en Pontevedra, a secretaria xeral do partido, Paula Prado, fixo un chamamento a acudir “masivamente” ás urnas o próximo 9 de xuño e pediu o voto para “impulsar un reparto xusto dos fondos europeos, defender a plenitude do Estado de Dereito fronte aqueles que queren corrompelo, loitar por unhas políticas xustas para o rural e dar voz á nosa pesca e á nosa agricultura facendo fronte ao ecoloxismo de pancarta”.

A portavoz nacional, Ana Pontón, destacou en Santiago que “Galiza xógase moito” nas eleccións europeas, de aí a importancia de “estar alí con voz propia, libre e sen ataduras para defender aos galegos e ás galegas”, recalcou na tradicional pegada de carteis da campaña electoral ao Parlamento Europeo xunto á candidata, Ana Miranda, e á alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín. Pontón explicou que o BNG concorre á cita coas urnas o próximo 9 de xuño coa máxima implicación e coa máxima ilusión a polo escano galego.

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro salienta o papel de Nicolás González Casares como relator na iniciativa que fixo posible a baixada do recibo da electricidade e no seguimento do programa de vacinas contra a covid-19. “O 9 de xuño decidimos entre avance ou retroceso, entre futuro ou pasado, entre dereitos ou dereitas”, asegura o candidato galego ao Parlamento Europeo. As ramplas mecánicas que dan acceso ao centro de saúde de Teis foron o lugar elixido polo Partido Socialista para abrir en Galicia a campaña das eleccións ao Parlamento Europeo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS