Así o manifestou durante a visita ás instalacións do Grupo Iberconsa no peirao de Bouzas en Vigo. Nesta liña puxo como exemplo a esta compañía, referente no ámbito da pesca, a transformación e a distribución de produtos do mar conxelados, líder mundial na comercialización de lagostino austral e de pescada conxelada.
Por outra banda, noutra visita, neste caso á Pobra do Caramiñal, ao buque arrasteiro Falcón coincidindo coa súa chegada tras cruzar o Atlántico desde Montevideo (Uruguai) para descargar o calamar capturado en augas de Malvinas, destacou o traballo realizado polas empresas pesqueiras nos últimos anos por renovar a súa frota mellorando a habitabilidade e seguridade nos buques repercutindo directamente nas condicións de traballo dos profesionais.