Lorenzana ofrece todo o apoio da Xunta para traballar conxuntamente fronte a estes tres retos fundamentais para o sector naval en Galicia.
Salienta que, xunto co da automoción, van ser os dous sectores que van contar cun plan director dentro dos primeiros cen días de Goberno. “E moi importante que este ano teñamos un plan director do naval funcionando; é fundamental atopar esas vías de financiamento para toda a innovación que precisan os estaleiros de Galicia”, remarca