viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoMoi grave un operario ao sufrir unha descarga eléctrica na vía férrea...

Moi grave un operario ao sufrir unha descarga eléctrica na vía férrea en Redondela

LLM, de 24 anos, foi reanimado e trasladado en estado moi grave ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Ás 3:30 horas desta madrugada, un compañeiro alertou da situación mediante a súa chamada ao 112 Galicia. Explicou que estaban a traballar na vía férrea, próximos á estación redondelana, en sentido Vigo. Aínda descoñecen se a descarga puido producirse pola manipulación da catenaria ou por outro tipo de elemento da circulación ferroviaria. En calquera caso, o home, LLM de 24 anos, quedou inconsciente e era necesaria a intervención médica o máis axiña posible. Así, desde o 112 Galicia, avisouse aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos axentes da seguridade da Policía Local e Nacional.
Uns minutos máis tarde, solicitouse, tamén, a participación dos Bombeiros de Porriño debido a que o ferido caeu sobre a plataforma na que traballaba, a uns 8 metros de altura sobre a vía férrea. Alí mesmo comezaron a súa reanimación, finalmente con éxito, aínda que o seu estado é grave. Deste xeito, foi evacuado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para continuar cos coidados necesarios.
En canto á circulación de trens, o persoal de ADIF, Administrador de Infraestructuras Ferroviarias, asegurou que a zona na que se produciu o accidente é de dobre vía, polo que, aínda que unha permaneza cortada, os convois avanzan pola outra

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS