viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoTui impartirá seis cursos gratuítos de“Dixitalización aplicada”

Tui impartirá seis cursos gratuítos de“Dixitalización aplicada”

O obxectivo é proporcionar á poboación formación en competencias dixitais básicas. A inscrición gratuíta está xa aberta en tui.gal

Entre xuño e novembro o Concello de Tui vai impartir un curso de “Dixitalización Aplicada”. Haberá seis quendas cunha duración de 30 horas lectivas cada quenda.

Coa posta en marcha desta acción formativa o Concello de Tui fixo coma obxectivo aumentar a porcentaxe da poboación que posúe competencias dixitais básicas organiza un curso de “Dixitalización aplicada”, xa que segundo estudos coma o ‘Impacto de la transformación digital en España: 1998-2023’, elaborado por la Fundación Orange e a consultora Nae, o 35% da poboación española carece de competencias dixitais básicas, pese a que o 95% da poboación con idades entre os 16 e os 74 anos empregou internet ao longo do ano pasado.


Neste curso de “Dixitalización aplicada” inclúense contidos básicos para iniciarse no uso de teléfonos intelixentes ou no ordenador, o uso da intelixencia artificial ou a creación de contidos. Así no temario a impartir figura Tecnoloxías Habilitadoras Dixitais, Información e Alfabetización Dixital, Comunicación e Colaboración en liña, Creación de Contidos Dixitais, Seguridade na rede, e Resolución de Problemas.


As clases terán lugar no Centro Municipal de Formación en Guillarei. A primeira quenda será do 4 ao 13 de xuño de 9.30 a 13.30 h, e a segunda do 4 ao 17 de xuño de 16 a 19 h. Continuará até novembro con distintas quendas de mañá ou tarde segundo o mes elixido para realizar esta actividade. Para participar non é preciso ter coñecemos previos. As prazas son limitadas. As persoas interesadas poden inscribirse gratuitamente a través do formulario dispoñible en https://tui.gal/gl/curso-dixitalizacion.


A concelleira de Formación en Emprego, Ana Núñez, convida á cidadanía a aproveitar esta oportunidade de formación gratuíta, na que poden adquirir as competencias dixitais básicas que facilitarán o emprego das novas tecnoloxías.


Esta información pódese ampliar nos teléfonos 670 24 56 33, 608 84 40 58 ou
986 60 39 49.

Este curso de “Dixitalización Aplicada” está financiado polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes e cofinanciada pola Unión Europea no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PRTR).

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS