viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsO PaísO Senado demanda ao Goberno de España declarar zona catastrófica as rías...

O Senado demanda ao Goberno de España declarar zona catastrófica as rías galegas afectadas polos temporais de outono

O Partido Popular introduciu unha emenda a unha iniciativa do Grupo Plural -no que se integra o BNG- que foi aprobada sen ningún voto en contra e coa abstención do PSOE.

Con esta proposta o Senado manifesta o apoio á petición trasladada formalmente pola Xunta de Galicia o 20 de decembro de 2023 para que o Goberno declare zona catastrófica os bancos marisqueiros afectados polas perdas ocasionadas trala severa mortalidade nas poboacións de moluscos, especialmente bivalvos.

O senador lucense José Manuel Balseiro recordou que “a Xunta foi a única administración” que habilitou axudas directas en apoio aos profesionais do marisqueo.

Os populares “non podemos entender ese trato discriminatorio a Galicia nin ao sector do marisqueo, que é un dos máis importantes de España”, subliñou Balseiro afeando que o Executivo central non respondera á petición formal trasladada polo Goberno galego.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS