jueves, noviembre 21, 2024
InicioActualidadeCulturaKepa Junquera pon nome a un jaliñeiro de Cans

Kepa Junquera pon nome a un jaliñeiro de Cans

O músico vasco foi homenaxeado na segunda xornada do Festival de Cans

Kepa foi acompañado por unha ruada musical con veciños, amigos e o grupo Petóns de Saiáns dende o Torreiro de Cans ata o Jaliñeiro que leva o seu nome. Alí tivo lugar unha actuación musical e, posteriormente,houbo no Baixo de Carlos unha proxección de dous documentais dedicados á súa figura.

Durante o percorrido, Kepa recibiu o cariño dos veciños que aínda se lembran da histórica actuación que o músico vasco protagonizará hai dez anos no Jaliñeiro, acompañado polo acordeonista da Costa da Morte Pazos de Merexo. Cúmprese tamén dez anos da publicación do disco “Galiza”, co que Junquera rendía homenaxe a unha terra moi querida para el. As consecuencias dun ictus impiden ao artista vasco poder tocar dende hai anos pero a súa pegada musical e humana quedou en Cans e en moitos lugares de Galicia para sempre.

Entre os amigos que estiveron presentes na homenaxe estaban os músicos Anxo Pintos, Xosé Manuel Budiño, Xabier Díaz e a cantante Uxía. Durante a homenaxe o director do Festival de Cans, Alfonso Pato, fixo referencia á calidade humana e artística.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS