lunes, septiembre 16, 2024
InicioActualidadeEducaciónUn estudo constata que o rendemento escolar do alumnado mantense co libro...

Un estudo constata que o rendemento escolar do alumnado mantense co libro dixital

A Xunta vai reforzar de cara ao vindeiro curso 2024-2025 o programa E-Dixgal no sistema educativo galego cunha aposta consensuada onde primará a calidade dos contidos, a seguridade no acceso, a formación do profesorado e a información ás familias.

Así o sinalou o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, con motivo da presentación dun estudo censal entre case 70.000 alumnos sobre a incidencia do emprego do libro dixital nos resultados académicos, así como da folla de ruta para implementar este programa. Román Rodríguez subliña a necesidade de avanzar no modelo híbrido de ensino galego onde os alumnos compaxinen as máximas competencias analóxicas e dixitais.

No encontro tamén se avanzaron as novas accións para reforzar o programa E-Dixgal co fin de continuar perfeccionando o sistema, sobre todo no que atinxe aos contidos, ao asesoramento e apoio aos centros educativos, á formación do profesorado e á información ás familias.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS