viernes, noviembre 22, 2024
InicioActualidadeEducaciónSeis centros galegos lanzan a cápsula estratosférica Marumasat

Seis centros galegos lanzan a cápsula estratosférica Marumasat

A Cidade da Cultura foi hoxe o escenario escollido para o lanzamento da cápsula estratosférica MarumaSat VI, no marco do proxecto da Axencia Espacial Escolar Galega (NOSA)

Durante o voo, que se prolongou máis de dúas horas, a cápsula MarumaSat mediu a velocidade do son a diferentes alturas e creou unha melodía que se obterá empregando ChatGPT para correlacionar notas musicais con algunhas das variables que mide a sonda como pode ser a presión ou temperatura, relacionando así a ciencia coa arte e a accesibilidade. Ademais, a cápsula estratosférica levou unha mostra de ADN humano e dun fungo para ver a influencia que neles ten a exposición á radiación UV.

Neste proxecto participou o alumnado do Centro de Educación Especial CEE de Panxón en Nigrán, do Instituto IES Ramón Caamaño de Muxía, do IES Miraflores de Oleiros, do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces, do IES Arcebispo Xelmírez II de Santiago e do Centro Público Integrado CPI Plurilingüe O Cruce de Cerceda.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS