lunes, septiembre 16, 2024
InicioComarcasO RibeiroRibadavia, exemplo de economía social na provincia

Ribadavia, exemplo de economía social na provincia

O Concello contratou á Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego Sen Ánimo de Lucro (GEGASAL) a reposición das plantas das macetas e xardineiras existentes nas rúas da vila

A empresa Dixardín será a encargada de levar acabo esta actuación. Trátase dunha empresa de xardinería que forma parte dos asociados de GEGASAL, constituída como entidade de referencia, defensa, promoción e representación das iniciativas empresariais sen ánimo de lucro de economía social, como son os Centros Especiais de Emprego cuxo obxectivo é fomentar o emprego de calidade das persoas con discapacidade e daquelas en situación de risco de exclusión social e a súa inclusión na actividade económica, social e empresarial de Galicia.
Con esta actuación o Concello de Ribadavia consegue un dobre obxectivo, dunha banda mellorar a imaxe das rúas de cara ao verán, unha época na que a afluencia de visitantes a medra exponencialmente e, doutra banda, reforzar o seu compromiso co terceiro sector, o sector da economía social.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS