O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, concedeulles o recoñecemento por parte do Goberno autonómico pola súa contribución á excelencia do sistema educativo galego a través do proxecto de mobilidade internacional dos países membros da Unión Europea. Trátase, dixo o conselleiro, dun “carné de socio” que deben ter os centros para asegurar o financiamento de actividades ata 2027.