Alumnos/as, pais e nais, e mestres/as reciben ferramentas para previr adiccións relacionadas cas drogas e as novas tecnoloxías.
Os estudantes de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) do Porriño – un total de 223 – participan en obradoiros de prevención de adiccións, organizados polo Concello xunto coa Conxellería de Sanidade. Baixo o lema “NON PASA NADA, PASA ALGO?”, a Asociación Érguete foi a encargada de impartir esta actividade. “Queremos que aprendan todas as realidades que pode agochar un problema de adicción e tamén que entendan a importancia de saber dicir que non”, destacan na asociación.
Con estes obradoiros, O Porriño pon fin ás formacións levadas a cabo nos centros de ensino do Porriño e Mos ao aveiro da subvención da Consellería de Sanidade en materia de Prevención de Conductas Adictivas ao longo do curso 23/24.
Os obradoiros destináronse a nenos/as, mozos/as, ás súas familias e aos propios centros, promovendo actividades en positivo e informando adecuadamente e por profesionais dos riscos que supoñen o alcol, o tabaco e os distintos tipos de drogas, así como dos novos tipos de adiccións na nosa sociedade que chegan da man das novas tecnoloxías, como o xogo online, os videoxogos e a redes sociais.
Proporcionar ferramentas de autocoñecemento, de resistencia á presión do grupo ou de traballo en equipo, facer que eles sexan quen de pór en valor alternativas de ocio saúdables ou formar familias e mestres que colaboren nesta prevención e na supervisión dos proxectos dos mozos/as, son os obxectivos destas formacións.
“Dende o Concello traballaremos para que as novas xeracións exploren todo o seu potencial sen os límites e as ataduras que supoñen as adiccións”, indica Teresa Veloso, concelleira de Sanidade.