A accesibilidade e a intuición, principais características deste novo portal
O Concello presenta a súa nova páxina web institucional. Esta actualización chega como resposta á necesidade da cidadanía dun espazo dixital renovado, accesible e intuitivo, adaptado aos novos tempos.
Neste novo portal, os usuarios e as usuarias poderán estar informados en todo momento do referente a trámites administrativos, información institucional e demais acontecementos e novas que suceden na vila a diario, grazas á actualización da web.
Ademais, accederán dunha maneira sinxela á información necesaria para solicitar axudas ou realizar diferentes trámites online. Tamén conta cun apartado directo no que a cidadanía se poderá dirixir á alcaldesa.
Deste xeito, navegar pola nova páxina é sinxelo grazas ao seu fácil acceso e intuición, froito do traballo de empregados e empregadas municipais. De feito, o seu deseño e execución deste novo espazo web proceden de recursos propios do Concello.
Esta renovación chega nun momento de cambio a nivel tecnolóxico global, no que a actualización e adaptación aos novos contextos é clave para un correcto desenvolvemento das accións administrativas e sociais na nosa vila.