A Xunta aprobou definitivamente o novo Plan sectorial de xestión de residuos
industriais de Galicia (Priga) co obxectivo de facilitarlle ao tecido empresarial da
Comunidade a implantación dun modelo de economía circular que lle axude a cumprir a
este sector coas exixencias marcadas polas normativas comunitarias, estatais e
autonómicas en materia de prevención da xeración de residuos e da súa correcta xestión.
Para avanzar nesta transición no eido dos residuos de orixe industrial, o Priga prevé
mobilizar un investimento estimado en case 75 millóns de euros ata o ano 2030.
Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia: