viernes, octubre 18, 2024
InicioConcellos +ArboArbo lanza un servizo de asistencia para realizar a declaración da renda...

Arbo lanza un servizo de asistencia para realizar a declaración da renda a maiores de 65 anos

Os maiores de 65 anos que reserven cita serán atendidos por persoal da Axencia Tributaria mediante videoasistencia, de maneira que recibirán a mesma atención personalizada que calquera outro contribuínte, pero nas instalacións postas ao dispor polo seu concello e, por tanto, sen a necesidade de realizar desprazamentos ata o punto de atención habitual máis próximo.

O alcalde, Horacio Gil en representación do Concello de Arbo, asina un convenio de colaboración coa Axencia Estatal de Administración Tributaria para que os veciños e veciñas maiores de 65 anos presenten a Declaración da Renda correspondente ao exercicio 2023.

O acordo ten por obxecto o establecemento das condicións que rexen a colaboración entre a Axencia Estatal de Administración Tributaria e o Concello de Arbo para a prestación de servizos de asistencia técnica e material de carácter presencial aos cidadáns maiores de sesenta e cinco anos, para a confección de declaracións do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas a través de videoasistencia por parte do persoal da Axencia Tributaria, sen prexuízo das facultades de comprobación e investigación da mesmo.

Os maiores de 65 anos serán atendidos por persoal da Axencia Tributaria mediante videoasistencia na Casa Consistorial, de maneira que recibirán a mesma atención personalizada que calquera outro contribuínte, pero nas instalacións postas ao dispor polo seu concello e, por tanto, sen a necesidade de realizar desprazamentos ata o punto de atención habitual máis próximo – informa o rexedor Horacio Gil – Un servizo que se pon a disposición da veciñanza dende este mes de maio. Co obxectivo de paliar a fenda dixital que afecta especialmente os maiores, refórzase con este servizo a atención ás persoas a partir de 65 anos, unha medida instaurada para facilitar a vida dos maiores no rural. Os contribuíntes poderán solicitar a súa cita a través de internet, na web da AEAT, a través da app `Axencia Tributaria´ ou por teléfono 91 553 00 71 / 901 22 33 44 e solicitar que sexan atendidos en Arbo, o que lles aforrase a viaxe e a espera noutras oficinas da Axencia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS