lunes, septiembre 16, 2024
InicioNewsActualidadeO Concello do Porriño lanza a primeira edición do libro 'Cans' de...

O Concello do Porriño lanza a primeira edición do libro ‘Cans’ de Arístides Carrera

O libro recolle os nomes dos lugares, patrimonio e historia desta parroquia porriñesa

O escritor Arístides Carrera, en colaboración co Concello do Porriño, presenta o seu libro “Cans”, no que recolle os nomes dos lugares, patrimonio e historia desta parroquia porriñesa.


Esta obra, da que se editaron 100 exemplares que o Concello do Porriño repartirá entre a
veciñanza de Cans, é froito de moitos anos de traballo de investigación, ao que este apaixoado da historia adicou o seu tempo libre.


“Considerando que podería resultar interesante amosar ante os veciños as riquezas que ten o noso territorio, propúxenme facer esta modesta investigación e recoller nuns libros a información relacionada con todos os lugares preto da zona onde vivo, para despois axudar ás persoas interesadas a gozar deste patrimonio natural que nos rodea”; explica o autor. E é que ‘Cans’ forma parte da serie de seis libros ‘Nomes dos lugares entre O Porriño e Ponteareas’ que se completa cos volumes sobre Guláns, Cristiñade, Areas, Arnoso e Xinzo.


“Fun recompilando e ordenando xeográficamente de forma rigorosa os nomes dos lugares de Cans e arredores, os coñecidos e os que desapareceron”, continúa, “Considero importante que as novas xeracións e o conxunto dos veciños teñan un amplo coñecemento das súas raíces, da evolución histórica no seu territorio, das circunstancias polas que atravesaron os seus antepasados e incluso para non repetir os erros que puideron cometer”.

`Cans´, que rematou de escribirse un 26 de decembro, día do patrón da parroquia, Santo
Estevo, presentarase no Festival de Cans o mércores 22, ás 21:30 h, no Torreiro de Cans.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS