sábado, noviembre 23, 2024
InicioConcellos +A CañizaO Concello da Cañiza adxudica as obras de reforma do campo de...

O Concello da Cañiza adxudica as obras de reforma do campo de fútbol de Augas Férreas

Así o avanzou o Alcalde Luis Piña esta mañá, despois de ter asinado o contrato administrativo este 15 de maio para a execución da obra coa empresa adxudicataria: PRACE, SERVICIOS Y OBRAS S.A. que conseguiu a licitación desta importante reforma cun prezo de licitación de 472.263,09 € máis o Ive 99.175,25, sumando un total de 571.438,34.

O Contrato para a execución da obra recolle, entre outras estipulacións, que a empresa ten un prazo para reformar o campo de 11 semanas, dende o 27 de maio ao 12 de agosto de 2024.

Ademais, o Concello e o Club de Fútbol Cañiza xa teñen concertado, despois de varias reunións, o local que utilizará o Club para desenvolver as súas actividades durante a tempada en que permanecerá pechada a instalación para a reforma. O Club adestrará no Campo de Fútbol do Vieiro, no que xa está contemplado o marcado de novas liñas e campos de xogo.

Por outra banda, o alcalde comunicou está mañá que, no caso de que as obras non rematen nos tempos programados, «xa está resolto que os equipos do club poidan utilizar unha instalación municipal dun concello limítrofe». 

Segundo explicou o Alcalde a reforma “contaba cun investimento inicial de  599.935,27 € para a execución da obra polo que a licitación provocou unha baixa a favor do Concello de 28.496,93€.

Ademais, a estos 571.438,34€ de execución da reforma, hai que engadir outros 30.983,28€ de honorarios adxudicados á empresa Calderon&Asociados, pola redacción do proxecto (10.817,40€), a dirección de obra (15.124,42€) e a coordinación de seguridade e saúde(5.041,46€).

Para sufragar o custo total da obra o Concello solicitou unha subvención á Deputación Provincial de Pontevedra ao abeiro do Programa PON2030 que o Organismo Provincial aprobou no Pleno celebrado o pasado 23 de xuño de 2023 polo que acordou conceder ao Concello unha axuda de 479.948,21€.

Para cubrir o resto da inversión máis os honorarios, o Concello solicitou outra axuda, tamén á Deputación, nesta ocasión a través do «Plan + Provincia 2024» de 150.970,34€ . Unha axuda que foi  aprobada o pasado 1 de marzo de 2024  e que cubrirá o 100% do investimento, sen que o Concello teña que aportar fondos propios.

Como xa adiantou o alcalde en anteriores comunicados, o proxecto “permitirá substituir todo o céspede sintético do terreo de xogo (104,40m x 65m), cambio da rede de rego e dos sistemas de iluminación do campo de fútbol coa colocación ademáis de 4 grandes torretas de luz, a impermeabilización da cuberta dos vestiarios, a construcción dunha caseta para aloxar unha caldeira de biomasa, a reforma das instalacións de ACS (calefacción dos aseos, vestiarios e duchas), o saneamento e os sistemas eléctricos e habilitarase un novo acceso á instalación polo extremo norte e sanearanse os muros de bloque perimetral de todo o recinto deportivo”.

“Unha actuación que reformará integralmente a instalación, na que entrenan e xogan os nenos e nenas e demais integrantes do Clube de Fútbol Cañiza, en todas as súas categorías e que actualmente presenta grandes deficiencias derivadas do paso do tempo, entre elas o desgaste das fibras do céspede”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS