Realizaranse o luns 10 e martes 11 de xuño
Ata o próximo venres, 24 de maio, está aberto o prazo de matrícula nas probas de acceso a 1º de Grao Elemental no Conservatorio de Tui para o próximo curso 2024/25. As probas terán lugar o luns 10 e martes 11 de xuño nas instalación do Conservatorio Profesional de Música de Tui, na Avenida da Concordia. Van dirixidas a nenos e nenas con idades entre os 8 e os 14 anos. Realizarase unha proba de aptitude na que se valorará o sentido do ritmo, psicomotricidade e capacidade auditiva e vogal, non sendo preciso que teñan coñecementos musicais previos.
As persoas matriculas que superen as probas de acceso poderán comezar estudos oficiais de música nas especialidades de clarinete, frauta travesa, gaita, guitarra, guitarra eléctrica, oboe, percusión, piano, saxofón, trombón, trompa, trompeta, tuba, viola, violín ou violoncello.
A matrícula nas probas de acceso pode realizarse ata o venres 24, de forma gratuíta, cubrindo o formulario dispoñible na web do Conservatorio, de xeito presencial ou telefónico no 687 24 99 57 na oficina do centro os luns de 9 a 13.30 h e de luns a venres de 15 a 20 h.