domingo, septiembre 8, 2024
InicioNewsEmpresaLorenzana dá a coñecer á industria auxiliar da automoción a liña de...

Lorenzana dá a coñecer á industria auxiliar da automoción a liña de axudas extraordinaria

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, abordou os permenores con representantes do Clúster de automoción e mobilidade de Galicia (Ceaga)

Trátase dunha das reunións técnicas que, desde a Consellería de Economía e Industria, se están mantendo cos axentes da industria da automoción para completar os traballos do plan director do sector comprometido para os primeiros cen días de goberno, xunto co da industria naval.
Lorenzana avanzou que as axudas se coñecerán “en cuestión de días” e que “van adaptadas ao que o clúster realmente nos está dicindo que precisa a pequena, mediana e gran empresa” vinculada ao sector, porque a intención é apoiar “toda a cadea de valor”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS