O responsable da Sanidade galega mantivo este venres unha xuntanza co equipo directivo e o persoal do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, no que incidiu na necesidade de potenciar o diálogo entre profesionais, pacientes e colectivos sanitarios, para conseguir unha sanidade de maior calidade.
«Dialogar con todos e de todo para deseñar unha sanidade de futuro e de calidade»
É a aposta do conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño