domingo, septiembre 8, 2024
InicioNewsComarcasVolta a GolfManía a Pereiras na súa XII Edición

Volta a GolfManía a Pereiras na súa XII Edición

O Concello de Mos ven de presentar a XII Edición da Concentración de Coches do mítico modelo Volkswagen que se celebrará o vindeiro venres 17 de maio

Esta tarde presentouse no Concello de Mos a XII Edición da GolfManía que se celebrará coa habitual saída desde Pereiras o vindeiro venres 17 de maio.


Os condutores do mítico modelo Volkswagen Golf interesados en participar nesta concentración aínda poden inscribirse.


A programación do evento comezará o venres en horario de 9:00h – 12:30h coa recepción de vehículos inscritos. Ás 12:45h saída de vehículos dirección San Cosme, Mirador de Herville (parada con pinchos), Zamáns, Vincios, Chandebrito, subida ó Monte Aloia, Tui e Areas onde será a comida, sobre as 14:30h na Rectoral de Areas. Tras finalizar a comida visitarase algún lugar cercano de interese se o tempo acompaña, onde se fará a despedida desta décimo segunda edición.


Para formalizar a inscrición os interesados deberán realizar o pago mediante Bizum ou transferencia e en concepto poñer o número de DNI do titular do pago (en caso de transferencia, enviar xustificante de pago a algún membro da organización).


O número de conta para a transferencia bancaria é IBAN: ES59 0049 7861 0229 1001 8612 e o teléfono para o BIZUM: 617370715. Unha vez realizado o pago débese comunicar á organización que a persoa en cuestión está rexistrada e o modelo de GOLF co que asistirá. En caso de asistir só ao roteiro (sen comida), son 3€/coche, en caso de asistir tamén á comida son 30€/pers + 3€/coche.


O menú é fixo, en caso dalgunha alerxia, intolerancia ou outro problema, debe ser comunicado á organización, e realizarase un menú especial (menú infantil opcional 3-12 anos / 18€).

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS