viernes, noviembre 22, 2024
InicioO PaísOurenseMáis de mil escolares de Ourense participaron no Correlingua 2024

Máis de mil escolares de Ourense participaron no Correlingua 2024

A actividade que ten como finalidade concienciar o alumnado e profesorado dos colexios galegos na defensa da nosa lingua

No Auditorio Municipal, as actividades comezaron coa lectura, por parte de alumnado de Secundaria, dun manifesto resultado dos obradoiros Desata a lingua impartidos en 2023 polas escritoras María Lado, Ana Carreira e Lucía Aldao. O acto estivo presentado pola actriz Isabel Risco e incluíu cancións do alumnado e a actuación do grupo A Mekánika Rollin Band, premiado nesta edición do Cantalingua.

Simultaneamente, na Praza Maior houbo xogos populares contando coa colaboración do alumnado dos ciclos de Animación Sociocultural e Dependencia do CIFP Portovello e dos monitores da Asociación Xuvenil Amencer, así como un concurso de pancartas arredor do lema escollido. A media mañá, o alumnado das distintas etapas intercambiou a súa localización mediante un paseo reivindicativo polas rúas do centro histórico.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS