Saira pescar este martes sobre as 19.00 horas e ao non voltar a casa a súa familia alertouse.
A súa familia foi na súa procura e atoparon o seu vehículo. Pouco despois, viron o seu corpo sen vida no río, a uns 60 metros da beira.
Para o rescato do cadáver foron alertados os Bombeiros de Ordes e a Garda Civil solicitou medios acuáticos. Finalmente, os efectivos do parque comarcal e os axentes de seguridade, puideron sacar o corpo do río cos seus medios.
O 112 Galicia alertara tamén a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aínda que simplemente puideron confirmar o falecemento do pescador.