jueves, noviembre 21, 2024
InicioActualidadeCulturaChamamento ao consenso para seguir impulsando e prestixiando o uso do galego

Chamamento ao consenso para seguir impulsando e prestixiando o uso do galego

Fíxoo o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, no Parlamento de Galicia, onde o representante da Xunta de Galicia compareceu a petición propia no Pleno para avanzar a folla de ruta do seu departamento para os vindeiros anos.

Neste senso, nas vésperas da celebración das Letras Galegas en homenaxe a Luísa Villalta, López Campos, propón iniciar un camiño de colaboración para proxectar a Galicia cara ao futuro. “Vivimos nunha Galicia que coñece, quere e usa o galego e na que a lingua é unha gran riqueza pola que debemos traballar desde a concordia e con liberdade”, subliñou.

Os obxectivos da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude consisten en reforzar a coordinación entre departamentos para continuar nutrindo o universo cultural galego, promovendo o uso da lingua e dando resposta a necesidades concretas da mocidade. Para conseguilo, unha das primeiras medidas é a creación dun novo Plan estratéxico da Cultura Galega, unha folla de ruta plenamente consensuada co sector.

Tamén será unha prioridade a promoción do emprego xuvenil e dar cobertura para adquisición da primeira vivenda a menores de 36 anos:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS