O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acordou a suspensión cautelar doutros seis parques eólicos autorizados pola Xunta ao entender acreditada a existencia do periculum in mora, que forma parte da esencia da medida cautelar, xa que con el se tenta asegurar que a futura sentenza se poida levar á práctica de modo útil, o que non se conseguiría no caso de que se produciran situacións irreversibles. En concreto, decretou a paralización cautelar dos parques Monte do Cordal, Dos Cotos, Treboada, Mesada, Legre e Xeada.
Balance
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia notificou ata hoxe 74 autos nos que decide sobre as solicitudes de suspensións cautelares de 43 parques eólicos, dos cales 40 foron acolledores -Ventumelo, Porto Vidros, Banzas, Monte Neme, Zamorra, Touriñán II, Felga, Rodeira, O Cerqueiral, Chao do Marco, Monte Peón, As Encrobas, Pico Seco, Serra do Faro Ampliación II, As Penizas, Figueiras, Reboiro, Alto da Telleira, Troitomil, Outeiro Grande, Rodicio II, Alto de Montouto, Meirama, Monte da Croa, Gato, Cunca, Serra do Farelo, Maxal, Serra do Colmo, Uxo, Castro Valente, Marcofan, Serra do Punago, Acibal, Monte do Cordal, Dos Cotos, Treboada, Mesada, Legre e Xeada; e, o resto (3), desacolledores -Vilartoxo, Neboada e Seselle-