domingo, noviembre 24, 2024
InicioActualidadeCulturaO crocodilo sen rabo, abre as Letras Galegas en Ribadavia

O crocodilo sen rabo, abre as Letras Galegas en Ribadavia

A Concellería de Cultura de Ribadavia ofrece, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, unha completa programación de actividades dirixidas maiormente a cativada

Obradoiros, xogos, lecturas da obra de Luisa Villalta e actuacións musicais, son algunhas das iniciativas culturais e de ocio, que terán o 17 de maio como xornada central.

A presentación do libro «O Crocodilo sen rabo» de Modesto Martínez Carballal na biblioteca do CEIP Ribadavavia ao alumnado de 3º de Primaria foi a primeira das actividades desta Semana das Letras, ao longo da cal se pode visitar a exposición de cartelería do Día das Letras Galegas coa biografía de Luisa Villalta e unha pequena mostra bibliográfica sobre a autora.

Esta tamén é a Semana do libro en galego, con descontos do 20% nas librerías Mafranch e Goyma de Ribadavia.

Para o mércores 15 está programado un obradoiro-contacontos para conmemorar así o Día Mundial das aves migratorias, ás 17.00 horas na biblioteca municipal.
O xoves 16, búsqueda do tesouro de Luisa, Misión (im)posible de Villalta, obradoiro de marcapáxinas e “Luísa Villalta: Adagio!”
O propio 17 maio, lectura da obra de Luísa Villalta, teatro e actuación musical.
Consulta aquí toda a programación.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS