domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsActualidadeNovo récord do Camiño de Santiago ao recibir ao peregrino número 100.000

Novo récord do Camiño de Santiago ao recibir ao peregrino número 100.000

Trátase de Milagros, unha muller de 60 anos e procedente de Florida, que percorreu o Camiño Portugués da Costa co seu marido.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo hoxe en valor que o Camiño de Santiago bateu un novo récord ao recibir ao peregrino número 100.000 antes que calquera outro ano, que adoita ser a principios de xuño.

O titular do Executivo galego puxo en valor esta cifra e enmarcouna na boa tendencia desta ruta de peregrinación, que en 2023 xa bateu os rexistros históricos a pesar de non ser Ano Santo. Aínda así, resaltou que o obxectivo principal é o trato que se lles da aos peregrinos: “non imos obsesionarnos coas cifras: o que nos interesa é acollelos. Que sentan, desde que entran en Galicia, na súa casa”, destacou Rueda.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS