domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasAllariz-MacedaBaile, música e lingua para festexar as Letras Galegas en Allariz

Baile, música e lingua para festexar as Letras Galegas en Allariz

O Concello presenta unha variada oferta cultural para conmemorar o 17 de maio, dedicado este ano a Luísa Villalta

O xoves 16 de maio, ás 20.30 horas, poderase desfrutar de “Cantos de Taberna” por Allariz. A actividade dará comezo ca presentación na Praza Maior, para proseguir cos cantos na Tenda do Pepiño e no o Bule Bule e finalizar na Praza de Abaixo. Ao rematar, a partir das 22.00 horas na Praza Maior, haberá un concerto dos grupos galegos Ukestra do Medio e o grupo Bule.

O venres 17 comezarán as actividades ás 12.30 horas na Alameda co concerto da Banda Unión Musical de Allariz. Xa pola tarde, a partir das 19.00 horas na Praza de Abaixo Lydia Botana presentará o seu espectáculo “Contos Musicados”, unha proposta dirixida ao público infantil.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS