sábado, noviembre 23, 2024
InicioConcellos +ArboArbo reparte bolsas de tela para impulsar o comercio local

Arbo reparte bolsas de tela para impulsar o comercio local

A Praza de Abastos e establecementos arbenses, repartiranas estes días entre a veciñanza ao abeiro da campaña ‘Da túa Man’

Arbo, continua traballando para por en valor o comercio local, nesta ocasión a través dunha acción posta en marcha pola Deputación de Pontevedra ao amparo do Proxecto “Da túa Man”, unha campaña que busca promover que a veciñanza arbense e dos concellos limítrofes compren no comercio de Arbo e fomente a sostenibilidade e a economía circular no municipio.

A concelleira de Comercio, Participación Cidada e Mercado, xunto co alcalde Horacio Gil, fixo entrega aos comercios e aos praceiros e praceiras de Arbo, de bolsas de tela e bolsas reciclables que os comerciantes distribuirán entre os seus compradores e compradoras.

O Programa “Dá túa man” ao que esta adherido o Concello de Arbo, pretende visibilizar e modernizar o pequeno comercio local para adaptalo aos novos hábitos de consumo a través da implantación e uso das novas tecnoloxías e do desenvolvemento de prácticas que promovan a economía circular (reducir a xeración de residuos e promover a súa reutilización e reciclaxe), así como dunha mellora no acondicionamento dos espazos que sirva para ofrecer un servizo óptimo á poboación local e que atraia visitantes.

O rexedor arbense, Horacio Gil, informa que “desde a chegada ao goberno, tívose como obxectivo traballar con firmeza para impulsar iniciativas, campañas e proxectos encamiñados a desenvolver e apoiar o comercio local». «Así durante todo o ano se realizan campañas de promoción como Quere o teu mercado coa colaboración da Xunta, Ven ao teu mercado tamén no Nadal, ArboNadal…. así como outros eventos que axudan a dinamizar a economía local», remataba o alcalde.

Neste marco do proxecto “da túa man” ademais, abrangue outros proxectos que en breve serán postos en marcha en Arbo, como é a adaptación da accesibilidade á contorna comercial, a instalación de illas ecolóxicas con contedores e de dispositivos para a reciclaxe de residuos especiais, a instalación de sinalética integrada e diferentes accións formativas.

Con estas iniciativas e campañas, informa o alcalde Horacio Gil, «queremos e seguiremos apoiando ao comercio, hostalaría, industria e mercado arbense, por ser o comercio de proximidade, que son garantía de bo produto e boa compra».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS