Fixo especial fincapé na cota cero dispoñible para novas altas de persoas traballadoras autónomas, cuxo prazo de solicitude está aberto ata o 30 de setembro e que acumula máis de 5.000 solicitudes.
O secretario xeral referiuse a máis axuda e á Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego que ten xa 13 centros activos en toda Galicia, á espera de que se inauguren dous máis.
Pola súa banda, representantes do Igape afondaron nas liñas que o seu departamento ten a disposición do tecido empresarial galego.