Rueda lembra que o barrio contará con “máis de 1.500 vivendas protexidas”, das que 40 xa foron entregadas a finais de 2023.
A Xunta acelera os trámites para a construción de 560 vivendas protexidas na Coruña
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello acordou “acelerar os trámites para a construción de 560 vivendas protexidas no barrio de Xuxán na Coruña”. Para iso, o Goberno autonómico remitirá a próxima semana ao Concello da cidade o documento de modificación do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM).