viernes, octubre 18, 2024
InicioComarcasCarballiñoA compañía Malasombra Producións leva ao Carballiño a comedia “Testosterona”

A compañía Malasombra Producións leva ao Carballiño a comedia “Testosterona”

O espectáculo enmárcase na Rede Galega de Teatros e Auditorios, e terá lugar ás 20.30 horas no auditorio municipal. O prezo da entrada é de 5 euros.

O director dun importante medio de comunicación debe deixar o seu posto en mans dun dos seus dous sub-directores. Un é muller, home o outro. Que influirá nesa decisión?: a capacidade?, o sexo?, a experiencia?, a audacia?, o engano?, a trampa?…

Camila Bosa e Luis Iglesias compoñen o elenco de artistas desta obra que fala da desigualdade laboral.

A autora mexicana Sabina Bernan propón unha reflexión profunda sobre a desigualdade laboral por cuestión de sexo, e faino de maneira que nos sorprenderemos cun sorriso debuxado nos nosos beizos vendo as peripecias destes personaxes.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS