viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoTui arranxará un tramo da súa muralla medieval

Tui arranxará un tramo da súa muralla medieval

Tui vai recibir máis de 291.000 euros de fondos europeos FEDER para a recuperación do baluarte do Diaño da muralla medieval, emprazado no tramo que percorre o paseo fluvial. Trátase do 75% do investimento previsto que ascende a 388.000 euros.

Tui é un dos cinco municipios que forman parte do proxecto “A paz europea a través das fortalezas abaluartadas da Raia”, xunto aos portugueses de Valença, Almeida e Marvão e o español de Ciudad Rodrigo.

Este proxecto suporá o investimento total de 1.199.203,50€ dos que 899.402,62 serán financiados a través do fondos FEDER a través do programa Interreg España-Portugal.

Estes cinco municipios van desenvolver unha estratexia conxunta de desenvolvemento baseada no patrimonio cultural tendo en conta a innovación, preservación, sensibilización e capacitación reforzando unha oferta turística temática.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS