domingo, septiembre 8, 2024
InicioNewsActualidadePontón: “Somos o equipo da casa, o único que vai defender as...

Pontón: “Somos o equipo da casa, o único que vai defender as cores de Galiza en Europa»

O BNG deu o pistoletazo de saída á precampaña das eleccións europeas cun acto en Vigo, cidade na que foi a primeira forza política nos comicios galegos.

De cara a próxima cita coas urnas, a portavoz nacional, Ana Pontón, proclamou que o BNG é o equipo da casa, a candidatura de País.

A líder nacionalista defendeu o dereito de Galiza a estar presente na UE “con voz e voto” cando se negocien asuntos que afectan directamente, en particular no relativo ós sectores produtivos, “porque ninguén mellor que nós para defender o noso”, alegou.

O escano galego non só servirá para colocar Galiza na axenda europea senón que tamén contribuirá a construír a Europa dos pobos, que se visualiza na coalición electoral na que participa o BNG, coalición que representa a vontade de avanzar na igualdade, na xustiza e nos dereitos sociais desde unha visión plurinacional, plurilingüe e pluricultural.

Pola súa banda, a número un na lista do Bloque ás europeas, Ana Miranda, referiuse ao escano do BNG en Bruxelas como “o escano que defende os intereses de Galiza e que o fai libre, sen intermediarios”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS