miércoles, diciembre 4, 2024
InicioComarcasAllariz-MacedaO xardín é unha obra de arte en Allariz

O xardín é unha obra de arte en Allariz

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz abriu as portas da súa décimo cuarta edición baixo o tema central de “O xardín é unha obra de arte”. Ducias de veciños e veciñas acompañaron aos e ás paisaxistas protagonistas desta nova edición así coma aos organizadores do evento

A temática nesta edición de 2024 busca extraer os avances e innovacións que as distintas correntes artísticas inocularon na sociedade: o impresionismo, o cubismo, o surrealismo. Este concepto recolleuse na convocatoria para esta edición e quedou amplamente reflectido nos xardíns que se inauguraron esta fin de semana.
Na XIV edición atopamos nove experiencias que nos achegan a xardíns inspirados en obras de autores como Van Gogh, Monet, Maruja Mallo, Agustín Ibarrola ou René Magritte. Tamén atopamos xardíns inspirados en correntes como o cubismo, o impresionismo ou no movemento pop.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS