jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsActualidadeO PPdeG reivindícase ante as eleccións europeas como o partido das familias

O PPdeG reivindícase ante as eleccións europeas como o partido das familias

“Galicia é o mellor lugar para nacer, crecer e formar unha familia”, sinalou na súa intervención durante o acto celebrado en San Cibrao das Viñas para conmemorar o Día das Familias, a secretaria xeral do partido, Paula Prado.

“Para nós a familia é a rede que todo o aguanta e por iso apoiamos e sempre apoiaremos a todo tipo de familias”, remarca Paula Prado ao tempo que asegura que a nosa Comunidade é “o lugar perfecto onde cada persoa, nova ou maior, ten a oportunidade de vivir feliz”

A responsable de Política Social e Igualdade do Goberno galego, Fabiola García, sinalou que «o PPdeG é o partido que máis se parece ás familias galegas porque impulsa medidas pioneiras e valentes para todas elas, sexan do tipo que sexan”

O líder provincial do partido, Luis Menor, dixo que “as familias son o eixo fundamental da nosa sociedade, polo que son obxecto primordial das políticas que desenvolvemos desde todos os ámbitos da xestión pública”.

Escoitamos tódalas intervencións do acto:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS