O Deportivo certificou o seu ascenso a Segunda despois de gañar ao filial do Barcelona cun gol de falta de Lucas Pérez no minuto 57. Un triunfo que serve para que os deportivistas regresen á categoría de Prata catro anos despois.
A falta de dúas xornadas para o final, o Dépor consegue o desexado ascenso #ante a súa afección que viviu unha festa no estadio, onde se deron cita máis de 30.000 seguidores. Os galegos xogaranse o título de Primeira RFEF contra o Castelló a dobre partido. E o gañador quedará exento da primeira eliminatoria de Copa.