jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsComarcasO Concello de Ponteareas presenta a o festival de DJ 'Bailotea'

O Concello de Ponteareas presenta a o festival de DJ ‘Bailotea’

A entrada ao evento é de balde e terá lugar no aparcadoiro de Sarmiento Rivera

O Concello vén de presentar o festival de DJ, Baiolotea, que se celebrará o próximo 16 de maio, e que terá lugar no aparcadoiro de Sarmiento Rivera a partir das 19:00 horas. Neste evento, actuarán artistas recoñecidos como Alex Martini, Army Montana, Groove Amigos, Pitty, Manu Pérez, Dj Crazy e Eli DJ. A entrada é de balde.

Deste xeito, o próximo xoves 16 a vila encherase de música eléctrónica grazas a evento que busca responder ás peticións de ocio dos mozos e das mozas da vila. O obxectivo é ofrecer un amplo abano de actividades dentro da programación da administración local e achegarse a un maior número de público.

O festival terá unha duración de 8 horas nas que un total de sete DJ farán desfrutar e bailar ás persoas que se acheguen a esta iniciativa que puxo en marcha a administración local.

No acto de presentación do evento, participou a alcaldesa, Nava Castro, quen indicou que “bailotea é máis que un festival de música, é un espazo vibrante e cheo de ritmo que busca conectar coa nosa comunidade mediante a música, e achegar opcións de ocio para todos os públicos e de diferentes gustos” e o tenente da alcaldesa, Juan Carlos González, quen apuntou que “contamos cos mellores artistas posibles para facer unha festa á altura de todas e todos nós, facéndoo un festival de renome na contorna” e o deputado Jorge Cubela, quen sinalou que “este evento dará un pulo á economía da comarca e será un atractivo turístico para as persoas que nos visiten”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS