viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasMos contrata un estudo integral do seu viario municipal

Mos contrata un estudo integral do seu viario municipal

O Concello de Mos inicia o procedemento de contratación dun Estudo Integral da Rede Viaria Municipal que a administración local financiará grazas á subvención de 10.000 euros que lle vén de ser concedida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, AGADER, da Consellería do Medio Rural.

Este Servizo de estudo integral da rede viaria municipal ven a complementar e mellorar o inventario de camiños e rueiro co que conta o Concello de Mos e data do ano 2016.

O obxectivo dos traballos a contratar é a redacción dun documento para planificar futuras intervencións e actuacións, a partir dunha análise da rede viaria existente.

“Este estudo integral da rede viaria municipal será un documento programático e rexistrará as características de todas as vías do municipio, incluso as que se atopan fóra de núcleo: lonxitude, firme, estado, entidades de poboación, poboación, explotacións agrogandeiras, conexión con estrada superior, e continuidade, etc.”, explicaron os representantes locais, Arévalo, Costas e Grandal.

Entre os contidos cos que contará este novo inventario de camiños que completa o do ano 2016 atópanse a descrición da rede viaria actual incluíndo datos de estado, lonxitude, tipos de capa de rodaxe (tratamentos asfálticos, formigón, zahorra, outros…), niveis de utilización, etc., datos das vías de acceso a explotacións e parcelas agrogandeiras, sistema de información xeográfica co trazado da rede viaria municipal dacordo coas instrucións que estarán dispoñibles na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (agader.xunta.gal), priorización das futuras intervencións en tres niveis (alto, medio e baixo) atendendo entre outros, aos seguintes criterios: intensidade de tráfico, estado da vía, acceso a explotacións e parcelas agrogandeiras, acceso a núcleos de poboación e acceso a recursos turísticos. E identificación de camiños que teñan continuidade en concellos limítrofes, de cara á planificación e coordinación de futuras actuacións.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS