jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsO PaísGalicia pídelle ao Goberno negociar a transferencia dos medios para a xestión...

Galicia pídelle ao Goberno negociar a transferencia dos medios para a xestión do seu litoral

O Consello da Xunta aprobou solicitar ao Goberno central iniciar a negociación para o traspaso de medios materiais a Galicia para poder facer efectivas as competencias recollidas na lei do Litoral.

En primeiro lugar solicitará a convocatoria da Comisión Mixta de Transferencias para iniciar a negociación co Goberno central da transferencia de medios materiais e humanos que permitan que a Administración galega poida asumir as competencias recollidas pola Lei do litoral que recentemente foi referendada polo Tribunal Constitucional.

«Comezaría unha negociación que debería cristalizar, e esperemos que non haxa problema ao respecto, porque a sentenza do Constitucional é clara, e simplemente é agora unha cuestión de vontade política», explicou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, tras o Consello da Xunta deste luns.

«Despois do acordo debería finalizar coa elaboración dun real decreto por parte do Goberno central que faga efectivo este traspaso», explicou Rueda.

O presidente da Xunta tamén destacou que Galicia está a recibir «moitas peticións de información doutras comunidades autónomas para facer unha normativa similar» e poder exercer as súas competencias na xestión do litoral.

ALFONSO RUEDA:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS